Agasalla Coruña é unha iniciativa promovida polo Consorcio de Turismo da Coruña co obxectivo de impulsar e promocionar o turismo e a gastronomía da cidade a través da primeira web de venda de experiencias locais. Con Agasalla Coruña convidámosche a compartir e regalar lecer, gastronomía, sensacións e experiencias, axudando aos pequenos negocios da Coruña a través dun consumo responsable e sostible.